Skip to content Skip to navigation

Puntos importantes para afianzar as posicións

Nota de prensa Oficial
SD Compostela na Gaceta Picheleira de ONF

O xuvenil de Liga Nacional é o único equipo en apertos

A fin de semana para as categorías inferiores deixou, por unha banda, as boas sensacións de equipos como o filial ou o cadete que afianzaron a súa posición na táboa para evitar calquera complicación de última hora, pero, polo outro, vivimos unha nova derrota do Nacional, quen segue metido na pelexa por eludir o descenso.

En primeiro lugar, o filial logrou o triunfo despois de tres encontros e mantéñense na parte media da táboa. Un tanto de Pedro Leis aos tres minutos de empezar foi suficiente para lograr os tres puntos contra o Lamela.

O xuvenil de Liga Nacional a pesar de estar moi preto de sumar contra o segundo clasificado, o Ural CF, volveu ter mala sorte e acabou derrotado por 2-4. Jorge Queiruga e Marcos González adiantaron aos branquiazuis por dúas veces no marcador, pero os coruñeses conseguiron darlle a volta ao mesmo nos últimos vinte minutos.

Pola súa banda, o xuvenil B logrou un valioso empate contra o Atlético Fátima. O resultado non se moveu durante os 90 minutos e os nosos mantéñense na undécima praza a falta de dúas xornadas para que termine a liga.

Do mesmo xeito que o Zona Vella, o Cadete logrou unha vitoria de moito mérito xa que conseguiu superar ao Conxo, equipo que está no playoff de ascenso, por 3-2 e logrou, a falta de dúas xornadas, a salvación matemática. Mario Galo, por dúas veces, e Martín Díaz puxeron o 3-1 aos vinte e cinco minutos e, a pesar de que os visitantes recortarían máis tarde distancias, a vitoria branquiazul xa non se escaparía.

En infantís, o único equipo en liza, o A, logrou un empate a un tanto na súa visita ao Escola Estrada, nun encontro no que se puxo por diante na primeira metade e que recibiu o tanto da igualada no 77. Co punto marchan décimo terceiros a falta de dúas citas.

En categoría alevín, o A regresou ao segundo posto do playoff tras superar claramente ao La Salle por 1-6, mentres que o B pechou a súa liga nun meritorio cuarto posto, aínda que nesta última xornada perdeu por 3-2 na súa visita á SD Cacheiras.

Por último, o Benxamín xogará un bo partido este mércores contra o Val do Ulla, dous conxuntos moi igualados que están separados por apenas dous puntos no playoff, mentres que o biberón perdeu contra o Bertamiráns no seu terceiro encontro.