Skip to content Skip to navigation

O Obradoiro Peleteiro proclámase Campión da 1ª División Junior Masculina

Nota de prensa Oficial

O Obradoiro Peleteiro fíxose esta fin de semana co título de Campión da 1ª División Junior Masculina tras vencer ao Instituto Rosalía por 86-48 no derradeiro encontro da temporada. Así, coa consecución deste título, o Obradoiro Peleteiro clasificase de forma directa para o Campionato de España Junior, que terá lugar en Badajoz no mes de maio.

Ao finalizar o encontro, José Manuel Castelao, como representante da Federación Galega de Baloncesto, fixo entrega a todos os xogadores das súas medallas e o capitán do equipo, Álex Carrera, recibiu a Copa do Campión.

Tras tres anos dende o comezo do traballo da Fundación Heracles man a man co Colexio Peleteiro, os santiagueses levantaron o título de campións galegos junior, entrando dentro dos 32 mellores equipos de España.

Coa consecución deste título, o Obradoiro Peleteiro da un paso máis na súa exitosa temporada tras conquistar por segundo ano consecutivo a Copa Galicia e de acadar a 4ª praza na súa participación do Torneo MHL Sports de Zaragoza.

O adestrador principal do equipo, Denís Pombar, valorou a temporada, aínda non concluida, así: “Tivemos un ano moi intenso e cunha carga de traballo moi alta. Varios xogadores junior competiron na categoría senior e iso axudounos a que os xogadores puideran madurar máis rápido do que o farían nunha soa categoría. Na metade da temporada as lesións penalizáronnos e fixeron que baixasemos o nivel en certos momentos, o que nos fixo dano nunha liga con rivais tan fortes coma o Estudiantes de Lugo, o COB, o Rosalía, o Seis do Nadal ou o Tui. Penso que o gran grupo humano que forman os rapaces permitiunos sobrepoñernos aos contratempos e regresar a un gran nivel no día a día para conquistar o campionato galego e clasificarnos para o Campionato de España”.

Neste balance, Denís non se esquence da unión co Colexio Peleteiro: “Esta relación entre ambas entidades é fundamental. Xuntos formamos un gran equipo de traballo e o apoio que nos mostran no día a día axudounos a poder traballar a un gran nivel”.

O adestrador quere dar as grazas polo esforzo un a un aos seus xogadores: “Tivemos momentos duros que nos axudaron a crecer como grupo e o traballo de cada un dos xogadores foi fantástico, xa que maduraron dunha forma incríble e estou seguro de que todavía nos queda moito por desfrutar. O mellor de poder celebrar un título coma esta é poder facelo cun equipo humano tan bo, así que gracias a cada un deles: Mario Padrón, Álex Carrera, Alexei Pérez, Manuel Ángel Negreira, Rafael García, Víctor Villadoniga, Andrés Romano, Juan Blanco, Luis Echeverría, Sergio Furelos, Enrique Melini y Diego Barbosa”.