Skip to content Skip to navigation

Crónicas Obradoiro-CAB

Nota de prensa Oficial
Obradoiro-CAB na Gaceta Picheleira de ONF

SENIOR LIGA EBA

JUNIOR A

CADETE A

INFANTIL A

INFANTIL B

SENIOR LIGA EBA: O Obradoiro Silleda logra o triunfo nos últimos segundos na súa visita a Venta de Baños (77-79)

O comezo do partido ía marcar o grao de concentración e intensidade en todo o encontro e, desafortunadamente, o comezo foi un descontrol por parte dos dous equipos. Os visitantes arrancaban o choque cun bo nivel defensivo que lles permitía irse ao contraataque, pero as continuas imprecisións impediulles lograr as primeiras vantaxes e provocou que os locais lle deran rápidamente a volta ao marcador.

O segundo cuarto continuaba ca mesma tónica do final dos primeiros dez minutos, cun equipo visitante moito menos agresivo e sen atopar a tecla correcta a pesar dos numerosos cambios. Deste xeito, chegábase ao descanso con vantaxe local por 40-33.

A volta de vestiarios, o equipo visitante empezou a xogar como últimamente o estaba a facer, cunha boa defensa e correndo o campo para conseguir darlle a volta ao marcador e pasar de comezar a segunda parte sete puntos abaixo, a poñerse nos últimos minutos nove puntos arriba.

Sen embargo, nos derradeiros minutos, o Obradoiro Silleda volveu a precipitarse e baixou o seu nivel defensivo, permitindo que pouco a pouco o Venta de Baños fose recuperando a diferencia e chegase a poñerse dous puntos abaixo e contaran con posesión para empatar o gañar o partido a falta de dez segundos.

Últimos instantes e todo por decidir. A defensa visitante tivo un fallo de comunicación, deixando a un dos pívots rivais debaixo do aro para que empataran o partido. Seis segundos no electrónico e un último balón para tratar de gañar o choque, os obradoiristas prepararon unha xogada de banda que finalizaría cun alley-oop co que o Obradoiro Silleda lograba unha importantísima vitoria por 77-79.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Silleda enfróntase contra o Alquimisa Garbajosa, o domingo ás 18:00 horas en Silleda, nun encontro no que tratarán de seguir coa boa dinámica das últimas xornadas para seguir pelexando por saír da zona de descenso.

JUNIOR A: O Obradoiro Peleteiro volve a senda do triunfo contra o Sigaltec (101-57)

O pasado sábado, o Obradoiro Peleteiro recibía en Montouto a un equipo cun gran ritmo como o Sigaltec, nun partido no que os obradoiristas chegaban cas ideas moi claras e con gañas de redimirse da súa última derrota.

Dende o primeiro minuto, os locais despregaron un gran ritmo en ambos lados da pista, anotando con fluidez e controlando con contundencia o rebote. Sen embargo, demasiados erros en finais de posesión permitían aos de Vilagarcía anotar de forma doada cerca do aro.

A partires do segundo cuarto, o nivel defensivo do Obradoiro Peleteiro foi en aumento, o control do un por un, unido a boa defensa no bloqueo directo e as constantes rotacións defensivas, facía que os visitantes comezaran a cometer perdas de balón que aproveitaron para lograr chegar ao descanso cun 50-30 ao seu favor.

Na segunda parte o ritmo do partido mantívose, con ambos equipos probando diferentes situacións de cara ó futuro e continuando traballando a pesar da diferencia no electrónico.

Os parciais por cuartos foron: 28-19, 22-11, 21-13 e 30-14.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Peleteiro visitará o sábado, ás 12:00 horas, ao Club Ourense Baloncesto, nun encontro no que deberán de amosar a súa mellor versión para volver cunha nova vitoria.

CADETE A: O  Cenor Obradoiro cae na súa visita a Tui no inicio da segunda fase no seu peor partido da tempada (73-44)

O domingo pola tarde xogábase no pavillón municipal da cidade de Tui o primeiro partido da fase A1 polo título da Liga Galega entre o invicto en toda a tempada  CB Tui e o  Cenor Obradoiro.

O partido empezaba cun alto ritmo defensivo por parte de ambos os equipos, onde cada rebote e cada pelota era unha loita e onde aos poucos os locais, a base de ataques rápidos e dominio do rebote en ambos taboleiros, foron abrindo diferenzas ata os 11 puntos ao descanso do encontro (39-28).

Tras o paso polos vestiarios, os locais saíron aínda mais intensos e deixaban clara a súa superioridade física e, a base de rebote defensivo e ataque rápido, abrían unha enorme brecha no marcador que xa se vía insalvable para os  obradoiristas, que non estaban coa intensidade, concentración e esforzo necesario para este  tipo de partidos, sendo incapaces de aguantar o ritmo de xogo dos locais.

Os parciais de cuartos foron: 22-15, 17-13, 21-10 e 13-6.

O  próximo partido, o Cenor Obradoiro recibirá ao Baloncesto Porriño, o sábado 3 de marzo, no Pavillón Municipal  Lorenzo de La Torre, ás 18 horas.

INFANTIL A: O Cenor Obradoiro CAB acada unha meritoria e motivante vitoria (70-64)

Os obradoiristas foron quen de materializar o seu bo xogo das derradeiras xornadas, nesta volta nunha vitoria de mérito fronte o Estudiantes de Lugo.

Nunha primeira parte coral, os locais dominaron o ritmo do xogo, amosando intensidade defensiva, unha boa circulación de balón e acerto ofensivo.

No terceiro cuarto, os visitantes subiron a intensidade defensiva, o que lles permitiu anotar en transición con máis facilidade e achegarse no marcador.

Sen embargo, os obradoiristas foron quen de non baixar os brazos, repoñerse e manterse diante no electrónico ata o final. Traballada vitoria do Cenor Obradoiro CAB que enche de moral ao equipo de cara a segunda fase.

Os parciais por cuartos foron: 18-9, 22-15, 13-14 e 17-26.

INFANTIL B: O Obradoiro CAB Cenor consegue a vitoria fronte o ADB Fontiñas (65-19)

O pasado sábado, ás 10:00 horas no pavillón Lorenzo de la Torre, o Obradoiro CAB Cenor visitaba ao ADB Fontiñas, no encontro da 15ª xornada da 2ª División Infantil.

Dende o salto inicial, os locais deron mostra da súa superioridade e, a través dunha forte defensa, lograban as primeiras diferenzas que, a posteriori, acabarían sendo definitivas.

Finalmente, o Obradoiro CAB Cenor acabaría logrando un novo triunfo nun encontro no que, a pesar da diferenza, ningún dos dous equipos baixou os brazos en ningún momento.

A próxima fin de semana, o Obradoiro CAB Cenor visitará A Estrada nun encontro que se prevé de máxima igualdade.