Skip to content Skip to navigation

Crónicas Obradoiro-CAB

Nota de prensa Oficial
Obradoiro-CAB na Gaceta Picheleira de ONF
  • SENIOR LIGA EBA
  • JUNIOR A
  • JUNIOR B
  • CADETE A
  • CADETE B
  • INFANTIL A
  • INFANTIL B

SENIOR LIGA EBA: O Obradoiro Silleda paga moi caro o seu mal comezo fronte ao Instituto Rosalía (72-65)

O pasado sábado, ás 18:00 horas, o Obradoiro Silleda e o Instituto Rosalía enfrontábanse, no pavillón do Rosalía, na 17ª xornada do grupo A-B da Liga EBA.

Nos primeiros minutos do encontro solo houbo un equipo en pista. O Instituto Rosalía marcaba o ritmo do choque e ía ampliando ataque tras ataque a súa vantaxe ata lograr endosar aos obradoiristas un contundente parcial de saída de 17-0 no marcador.

A partires dese momento, os visitantes foron pouco a pouco atopando mellores sensacións, chegando incluso a poñerse a cinco puntos a mediados do segundo período.

Sen embargo, os locais estiveron moito máis serios en todo o encontro, volvendo a dominar o rebote e o ritmo do xogo . Deste xeito no terceiro cuarto os locais alcanzaban a máxima diferenza no electrónico, con trinta puntos de vantaxe.

Nos últimos dez minutos, o Obradoiro Silleda buscou novas solucións e, a partires dunha presión defensiva moito máis alta e de xogar con ata catro xogadores exteriores, comezaron a atopar solucións en ataque que non atoparan en todo o encontro.

Deste xeito, aproveitaron a relaxación nos últimos instantes do Intituto Rosalía para reducir ao máximo as diferenzas no marcador, pero a losa que tiñan que superar do inicio do partido e da segunda parte era demasiado grande como para poder loitar pola vitoria. Finalmente vitoria por 72-65 para o Instituto Rosalía que dominou con claridade o derbi, nun partido no que os obradoiristas non estiveron cómodos.

Os parciais por cuartos foron: 20-6, 15-15, 29-16 e 8-28.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Silleda recibirá o domingo, ás 18:00 horas no pavillón César González Fares de Silleda, a un dos candidatos ao título: o C.B. Chantada.

JUNIOR A: O Obradoiro Peleteiro completar unha gran primeira volta vencendo no campo do Instituto Rosalía (67-99)

O pasado sábado, ás 12:00 horas, o Obradoiro Peleteiro visitaba a un dos equipos máis en forma da competición: un Instituto Rosalía que soamente perdera dous encontros en toda a temporada. E facíao nunha semana chea de contratempos que facían que ata tres xogadores non puideran disputar o encontro.

Dende o comezo do choque quedaba claro que ía a ser un partido cun gran ritmo de xogo, xa que ambos equipos trataban de anotar en situacións rápidas. Mentres os visitantes castigaban cerca do aro, os locais sumaban os seus primeiros nove puntos dende máis ala da liña de 6,75. Os obradoiristas tiñan moitas dificultades para chegar a defender todas as posicións de tiro dos locais, manténdose a igualdade neste primeiro período.

A partir do segundo cuarto, o Obradoiro Peleteiro deu un salto no seu nivel defensivo e, a pesar do acerto do Instituto Rosalía no partido, que remataría convertendo doce triplas ao final do encontro, foi capaz de comezar a encontrar moitas máis situacións de campo aberto grazas ao dominio do rebote e a varios roubos en primeira liña de pase, chegándose así ao descanso cunha vantaxe de 36-52 para os visitantes.

Na segunda parte, os locais non lle perderon a cara ao encontro, mantendo o seu acerto exterior e logrando entrar nos últimos dez minutos ca mesma diferenza no marcador. Sen embargo, o Obradoiro Peleteiro foi capaz de dar un último golpe nestes últimos dez minutos, impedindo a remontada local, e logrando un importantísimo triunfo contra un gran rival por un 67-99 final.

Os parciais por cuartos foron: 18-18, 18-34, 22-24 e 9-23.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Peleteiro recibirá ás 10:00 horas en Montouto ao C.B. Tui, nun encontro para o que esperan comezar a recuperar lesionados e tratar de manter o bo ritmo de xogo.

JUNIOR B: O Obradoiro CAB Cenor cae con contundencia fronte o Enseñanza (35-82)

O pasado sábado, ás 10:00 horas no pavillón Lorenzo de la Torre, o Obradoiro CAB Cenor recibía a un duro Enseñanza, que mostrou a súa superioridade durante todo o encontro e levouse o triunfo cunha ampla diferenza.

Os obradoiristas afrontaban o partido con numerosas baixas o que, unido ao alto ritmo de xogo dos visitantes, fixo que caeran en continuas perdidas durante todo o encontro.

Na segunda parte o Enseñanza cambiou a unha defensa zoal 1-3-1 que permitiu aos obradoiristas atopar tiros cómodos, pero a baixa porcentaxe no lanzamento dos locais fixo que se quedaran no marcador máis baixo da tempada. 

O próximo encontro será dentro de dúas semanas contra o Basket Ames.

CADETE A: O  Cenor Obradoiro gaña a domicilio ao  Basquet Coruña nun gran partido de todo o equipo (47-74)

O sábado, ás 12 horas, xogábase no pavillón do Ventorrillo de Coruña, o partido correspondente á décima xornada da liga galega cadete fase norte, entre o Basquet Coruña e o Cenor Obradoiro.

O partido empezaba xa desde os primeiros minutos cun Cenor Obradoiro moi concentrado e intenso, que comezaba a abrir distancias aos poucos de comezar o encontro. Cunha defensa intensa e presionante en todo o campo, mais o dominio dos rebotes defensivos, os visitantes imprimíanlle un ritmo alto ao partido, atopando vías de anotación rápida para chegar ao descanso con doce puntos de vantaxe no marcador (28-40).

Na segunda parte, os obradoiristas non se relaxaron, mantiveron o ritmo alto de partido e atopaban camiños á canastra con boa circulación e trato do balón contra a defensa de presión constante do Basquet Coruña de dous contra un ao balón. Deste xeito continuaron dominando o encontro para levar unha importante vitoria, con gran esforzo e entrega de todo o equipo.

Os parciais de cuarto foron: 11-22, 17-18, 9-16 e 10-18.

O próximo encontro do Cenor Obradoiro será o sábado 27, ás 18:00 horas, no pavillón Lorenzo de La torre contra o Maristas Coruña.

CADETE B: Vitoria a domicilio do Obradoiro CAB – Cenor ante o Elidente C.B. Rianxo (26-80)

A xornada 2 da segunda volta xogouse o 20 de Xaneiro no pavillón de Rianxo, deixando un marcador final de 26-80.

De novo foi clave a actividade defensiva nas liñas de pase do Obradoiro para poder frear o xogo rival e poder correr eles mesmos e anotar con facilidade. Os visitantes mantivéronse regulares en canto anotación en todos os cuartos, especialmente nos tres primeiros índose a anotacións superiores aos 20 puntos. Se revisamos os parciais tamén podemos ver que, como empeza a ser costume, no comezo e tras o paso por vestiarios é onde máis apretaron en defensa os de David Arias. Deixando aos locais por debaixo de cinco puntos no primeiro e no terceiro.

Unha nova vitoria para o Obradoiro CAB – Cenor na segunda volta, que afianza o novo selo de identidade “correr a través da defensa”, antes de xogar contra o Rosalía Fedesa na vindeira xornada.

INFANTIL A: O Cenor Obradoiro CAB perde na prórroga nun vibrante encontro (69-82)

O Cenor Obradoiro CAB recibía no seu campo, o pasado sábado as 12:00 horas, ao KFC Culleredo, equipo que marcaba na clasificación o corte para o seguinte grupo. Os obradoiristas, tras unha gran primeira metade, acabaron notando o esforzo e caeron na prórroga (69-82).

O encontro comezaba con ámbolos equipos agresivos en defensa, cunha gran presión ao balón que facía que o ritmo fose moi alto dende o inicio. Co paso dos minutos os locais ían mellorando o seu xogo, ata que cun segundo cuarto para enmarcar, foron capaces de superar en tódalas facetas do xogo ao KFC Culleredo, logrando recuperar a vantaxe e marcharse ao descanso cun 35-14 ao seu favor.

Sen embargo, á volta de vestiarios os visitantes volveron a dominar o encontro e recuperaron a iniciativa no electrónico. No último período o Cenor Obradoiro CAB seguiu pelexando e finalmente logrou levar o partido a prórroga, pero nestes cinco minutos extras pagaron en exceso o esforzo anterior e acabaron perdendo o encontro por 69-82.

Os parciais por cuartos foron: 12-17, 25-14, 11-19, 16-14 e 5-18.

A próxima fin de semana, o Cenor Obradoiro CAB visitará ao Basquet Coruña, o domingo a partir das 11:00 horas.

INFANTIL B: O Obradoiro CAB Cenor cae con claridade na súa visita ao C.D. Cluny (53-33)

O pasado sábado, ás 20:00 horas, no pavillón do Colexio de Cluny, o Obradoiro CAB Cenor afrontaba a 11ª xornada da liga infantil, nun encontro no que os locais foron claramente superiores. Os obradoiristas non conseguiron competir en ningún momento, sendo superados tanto en ataque como en defensa.

Pese ao control do encontro por parte do C.D. Cluny, o Obradoiro CAB Cenor nunca deixou de competir, aproveitando o partido para tratar de seguir mellorando. Na próxima xornada, o Obradoiro CAB Cenor, recibirá no pavillón Lorenzo da Torre, o sábado as 20:00 horas, ao Mueble Infantil Centro Sport Asambal, nun encontro no que trataran de romper a dinámica de derrotas.